“A cámara flúe, as interpretacións brillan por naturais”
— Cinemanía
“Arrebatadoramente libre”
— La Razón
“O reparto mozo logra abrazar o desafiante material emocional”
— Variety
O filme
As Neves é unha vila galega de montaña onde todos se coñecen. Na noite do Entroido un grupo de adolescentes celebra unha festa e dróganse con cogomelos por primeira vez. Ao día seguinte espertan cun temporal de neve e a noticia de que Paula, unha das rapazas da festa, desapareceu.
Mentres, a vila queda incomunicada e cae internet. Cada vez é máis urxente atopala. Iníciase unha investigación que causará un fondo cambio nas súas vidas e na súa relación co mundo.
As rapazas e os rapaces
A directora
Sonia Méndez
Vivín a miña adolescencia nos anos 90, así que pertenzo a esa derradeira xeración a medias entre o mundo analóxico e o dixital. A convivencia entre ambos paradigmas resúltame fascinante e foi nesta encrucillada onde xurdiu a idea desta historia.
O filme é o retrato da xeración máis hiperconectada pero que á súa vez vive en contornos aillados. Unha historia de rapazas e rapaces contemporáneos que aínda viven no limbo entre estes dous mundos.
A música
Andy Bell
Andy Bell é un músico, compositor, cantante, productor e DJ británico; actual membro da banda inglesa Ride, fundadora do estilo shoegaze. Foi integrante de Oasis, Hurricane #1 e Beady Eye.
Debutou en solitario en 2020 con The view from halfway down, para darlle continuidade en 2022 con Flicker. Vén de sacar novo disco con Ride, un álbum titulado Interplay, mentres segue co seu proxecto electrónico Glow e fai parte tamén do supergrupo Mantra of the Cosmos”
Foi un pracer compoñer a música de “As Neves”. É a miña primeira composición para unha longametraxe e o proceso foi todo o que soñei que podía ser. Sonia Méndez é unha directora con moito talento e tiña unha idea moi clara do que quería da música do filme, e isto axudoume moito. Foi unha sorte que estivésemos tan en sintonía, pois o que ela quería parecía funcionar moi ben co que eu imaxinaba, así que o proceso foi moi rápido.
Durante a gravación en Galicia tiven a sorte de poder traballar con Xavi Font, que me aprendeu moito sobre composición durante o proceso de produción. Por suposto, Galicia é unha parte importante do filme, e Sonia e Nati leváronme de visita ao principio do proceso de gravación, para que puidese apreciar e coñecer un poco o sentimento da zona. Coido que isto foi moi importante. Estou impaciente por volver traballar con Cósmica; se iso é algo que poida chegar a suceder, alegraríame moito.
Queres proxectar AS NEVES?
Temos aberta a contratación para concellos, centros educativos, asociacións culturais e veciñais, cineclubes, festivais, etc.
Contacta para máis información con Baños Films.